CURSO HOMOLOGADO APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS BÁSICO

fito Lugo webENTIDADE HOMOLOGADA POLA XUNTA DE GALICIA PARA IMPARTIR OS CURSOS DE APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS BÁSICO.

Cursos PRESENCIAIS ou SEMIPRESENCIAIS (parte on-line e parte presencial).

TAXAS e TRAMITACIÓN DE CARNÉ incluídas.

Califica S.L. conta coa autorización da Consellería de Medio Rural para impartir estes cursos, tanto na modalidade presencial como na semipresencial, sendo unha das poucas entidades autorizadas en Galicia nesta segunda modalidade.

CARACTERÍSTICAS DO CURSO

O curso ten unha duración de 27 horas, repartidas da seguinte maneira:

- 16 horas de teoría, presenciais ou a través da plataforma de formación online, segundo a modalidade (presencial ou semipresencial)

- 6 horas de prácticas na aula, presenciais nas dúas modalidades

- 3 horas de prácticas no campo, presenciais nas dúas modalidades

- 2 horas de exame, presenciais nas dúas modalidades

Deste xeito, o alumno deberá asistir presencialmente a 27 horas na modalidade presencial (4 xornadas) e a 11 horas na semipresencial (2 xornadas).

Para poder presentarse ao exame, na modalidade presencial, o alumno deberá asistir ao 80% das horas lectivas. Na modalidade semipresencial, deberá asistir ao 80% das prácticas de aula, ao 100% das prácticas de campo e ter finalizado con éxito os test de cada módulo, propostos na plataforma de formación.

O prezo do curso é de 80 €.

INSCRICIÓN NO CURSO
  • Mediante entrega de fotocopia do D.N.I. por email ou ben nas oficinas de Califica S.L. e Agronovo Ecoloxía S.L.:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Camiño Real, 72-74, Entlo. 27004 Lugo

  • Pago do curso. Pago único de 80 € (taxas e tramitación de carné incluídas), en efectivo, nas nosas oficinas, ou mediante transferencia, indicando o nome do interesado e "Curso Fitosanitarios Presencial/Semipresencial" (segundo corresponda)

Califica S.L. B27413806

BANCO SABADELL ES26 0081 5223 1000 0136 0939

PRÓXIMAS EDICIÓNS
  • Agosto-setembro 2018: Lugo. Modalidade semipresencial. Dende mediados de agosto a través da plataforma de formación de Califica S.L. e, presencialmente, o mércores 12 e o xoves 13 de setembro, en horario de tarde. 80 €. O prazo para anotarse remata o luns 30 de xullo de 2018. - Prazo aberto

A realización dos cursos estará supeditada á inscrición dun número mínimo de 15 alumnos.

Se as datas e lugares aquí indicadas non se adaptan ás túas necesidades, contacta con nós, tomaremos nota dos teus datos e avisarémoste cando se organice un curso coas túas preferencias.

Organizamos cursos en toda Galicia para grupos, cooperativas, asociacións, concellos, etc.

PROGRAMA DO CURSO

O programa do curso é o que figura no Anexo IV do Real Decreto 1311/2012, do 14 de Setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (BOE nº 223, sábado, 15 de Setembro de 2012)

1. Pragas dos cultivos: clasificación e descrición

2. Produtos fitosanitarios: clasificación e descrición

3. Riscos derivados da utilización de produtos fitosanitarios para o medio ambiente

4. Perigosidade dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas

5. Medidas para reducir os riscos sobre a saúde

6. Prácticas de identificación e utilización de EPIs

7. Secuencia correcta durante o transporte, almacenamento e manipulación dos produtos fitosanitarios

8. Métodos de control de pragas

9. Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios

10. Equipos de aplicación

11. Limpeza, mantemento e inspeccións periódicas dos equipos

12. Prácticas de aplicación de tratamento fitosanitario

13. Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais

14. Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso

Ao final de cada módulo o alumno fará un test de autoavaliación para coñecer o seu progreso e, unha vez finalizado o curso, levarase a cabo a proba de aptitude. Esta consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de 20-30 preguntas; a puntuación mínima para a cualificación de apto será polo menos do 50%.


Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/calificaformacion/www/modules/mod_cookiesaccept/mod_cookiesaccept.php on line 24

Este sitio web utiliza cookies para mejorar los servicios que te ofrecemos.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto